Doesn't suit? No problem! You can return items for up to 30 days
You won't go wrong with a gift voucher. The gift recipient can choose anything from our offer.
Up to 30 days for returns
Ler unha obra de teatro sen considerar a súa condición de texto para a escena é como ler un guión de cinema prescindindo da orientación ao filme en que, no mellor dos casos, se realiza. De aí, o construírmos este ensaio desde a perspectiva da virtual escenificación de dúas pezas de Carvalho Calero, en coherencia coas súas palabras ?Eu endexamais escrevin teatro para ler?. En tal posta en escena descansa o esforzo de análise e interpretación de A sombra de Orfeu e o Auto do prisioneiro, pondo de relevo a súa incardinación na nosa historia e o non ben estimado folgo teatral do autor, até o punto de a primeira desas obras nunca ter coñecido as luces da escena. Conxúganse nese azar os problemas crónicos do teatro galego co imbécil escurecemento de Carvalho na Galiza. Porén, a continuada proscrición dun autor constitúe a mellor garantía da súa potencia, indica a necesidade que o poder opresivo ten de se defender contra a forza soberana a retornar desde a sombra. Non existe mellor evidencia de que a tradición recreada por Carvalho, para se dar orixe, segue viva. Por iso, el non pode ser reducido a estatua inerte e confortábel, non pode ser enterrado, para o silenciar de vez, no panteón do consabido e pacificamente ignorado. A súa obra seguirá a nos inquietar e el, como o espectro da nosa razón común, a permanecer inesquecido, inesquecíbel.
Hi! I'm Libroamiko, your book advisor.
How can I help you?